PRINCIPAL

Presentación
Historial
Contactos

OBRAS

 

COMPONENTES

Director
Equipo artístico
Equipo técnico
A Asociación   Antigos membros

VARIOS

A herdanza da tia constanza

PRINCIPAL

     

Última actualización: 17 de Octubre de 2014

 

PRESENTACIÓN

Nova escena es un grupo de teatro amador. A nosa laboura se centra na producción de pezas teatrais e a súa difusión, dentro dos circuitos de teatro amador de Galicia.

Facemos un chamamento a  ACTORES principalmente, e tamén a ACTRICES, preferiblemente entre 20 e 40 anos, que dexesen incorporarse ó elenco. A experiencia teatral previa, se ben é valorable, non é imprescindible. Pero si o é, o compromiso e a seriedade cos ensaios e funcións, durante o tempo en vigor da peza na que se traballe.

Interesados  contactar ó enderezo electrónico ó fin desta paxina                                    

EN CARTEL

EN CARTEL

EN CARTEL

                                               

Parte do equipo teatral ó remate dunha representación do "Decamerón"

 

HISTORIAL

O grupo de Teatro "Nova Escena" tivo a súa orixe no obradoiro de teatro do centro social municipal “A milagrosa ” de Lugo, comezando a súa andaina como tal no ano 1997 e seguindo ata hoxe coas súas interpretacións teatrais.

            Durante este tempo, foi medrando nos membros do obradoiro a sensación de pertenencia a un grupo de teatro. Incrementáronse o número de ensaios e funcións, estabilizáronse os equipos de traballo das distintas áreas. Este feito catalizou a formación da Asociación Cultural-Teatral "Nova Escena", en Xaneiro de 2003.

            Desde esta data, e logo de ter preparada a peza de Borralliña  (adaptación de Xoán Laxe) e xa con carácter de asociación, acometemos o proxecto de representar:“O Decamerón”, Adaptación de Xoán Carlos Laxe de la novela de Giovanni Bocaccio (2003)"A Irmá Mª Ignacia explícavolo todo" de Christopher Durang (2004), Lisístrata de Arístófanes (2005),"Cinco mulleres co mesmo vestido" de Alan Ball (2006) , a "Profetisa" (2006), todas elas adaptacións de Xoán C. Laxe, Pensión 13 de Xoán C. Laxe (2007), "O Lirio" Adaptación libre del guión de W. Burrows (2009) e "O Inspector" de Nicolai Gogol (2010), "A Herdanza da Tía Constanza" de Juan Carlos Hernández", "2155" e "In Pacem", ambas de Xoán Carlos Laxe.

Nova escena como obradoiro de teatro representou a seguintes pezas:

  • 1997-98: “Lisistrata" (de Aristófanes).

  • 1998-99:"Sono dunha noite de San Xoán”. ( Adaptación de Xoán C. Laxe da obra de  W. Shakespeare).   

  • 1999-00:“A Muralla Rosa” (de Xoán C. Laxe).

  • 2000-01:“Albo Neves e as sete perdidiñas” (de Xoán C. Laxe).

  • 2001-02:“Borralliña” (de Xoán C. Laxe).

  • 2002-03:"O Decamerón" (Adaptación da obra de G. Bocaccio).

  • 2003-04: "A Irmá Mª Ignacia explícavolo todo..." (C.Durang)

  • 2004-05: "Lisístrata" (Aristófanes).

  • 2006      : "A Profetisa" (Animación de Xoán Laxe)

  • 2006-07: "Cinco mulleres co mesmo vestido" (Alan Ball)

  • 2007-08: "Pensión 13" (Xoán C. Laxe)

  • 2008-2009: "O Lirio" (W. Burrows)

  • 2009-2010: "O Inspector" (Nicolai Gogol)

  • 2010-2011: "A Herdanza da Tía Constanza" (Juan Carlos Hernández)

  • 2011-2012: "2155" (Xoán Carlos Laxe)

  • 2012-2013: "In Pacem" (Xoán Carlos Laxe)

  • 2013-2014: "A Apócema" (Xoan Carlos Laxe e Juan Carlos Hernández)

 

CONTACTOS

Para contactar con "Nova Escena Teatro" pode chamar ós teléfonos:

              639 489 834 (Xoán)   

Ou facelo a través do E-mail

           novaescenateatro@mundo-r.com

                  

 contador de visitas

"Nova Escena Teatro"